[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

20/2/11

Levame ata o máis alto Bambalam

De seguido vos poñemos unha canción «Black Ketty» (video neste caso) que a súa letra ten diversas interpretacións.

Semella que xurdiu no século XVIII como unha marcha militar, adicada a un mosquetón que tiña a culata pintada de cor negro. A onomatopea de «bam-ba-lam» que sae na canción, se refire ao son que producía esta arma ao ser disparada.
Os soldados, como se un ritual de maxia ancestral, abrazábanse aos seus mosquetóns, de xeito afectivo «black Ketty» que pronto víronse superados en afecto e perfecionamento, polo fillo deste, un mosquetón cunha culata de cor marrón, os coñecidos como «Brown Bess».

Máis tarde, ao mudar a realidade social, adoptouse a literalidade da letra, e así «Black Betty» tornou nunha muller da rúa, dunha nai de cor negra e o seu fillo, motivo polo cal foi acusada de racista pola NAACP, a controversia xenerou que aumentase o seu coñecemento e por conseguinte as súas ventas.

Unha botella de whisky, un látigo, ou tamén un vagón de tren penintenciario, se mesturan ca posible interpretación e significado real da letra; pero penso que a onomatopea do «bam-ba-lam» da certa verosimilitude a primeira acepción.

Huddie William Ledbetter, coñecido como Leadbelly (ou Lead Belly, asi polo menos pon a súa lápida) foi o autor da letra, pero ésta semellaba un esbozo, pois apenas dura un minuto.

Bill Bartlett, guitarrista, integrante dos grupos «Starstruck» e líder dos «The Lemon Pipers» primeiro, e «Ram Jam» despois, arranxou dita canción e a súa versión lanzou ao estrellato a esta última banda na década dos 70.

A partires dese memento, houbo máis versións, Odetta, Dave “Snaker” Ray, Harry Belafonte, Alan Lomax, Nick Cave & The Bad Seeds, Young Fresh Fellows, Tom Jones e Spiderbait.

Pois nada a disfrutar deste clásico do século pasado :)



Fonte: YouTube Video: Ram Jam "Black Ketty" [38'3 Mb]

Transcrición: ND
Letra: (en inglés)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)

Black Betty had a child (Bam-ba-Lam)
The damn thing gone wild (Bam-ba-Lam)
She said, "I'm worryin' outta mind" (Bam-ba-Lam)
The damn thing gone blind (Bam-ba-Lam)
I said Oh, Black Betty (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)

Oh, Black Betty (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)

She really gets me high (Bam-ba-Lam)
You know that's no lie (Bam-ba-Lam)
She's so rock steady (Bam-ba-Lam)
And she's always ready (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)

Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)

She's from Birmingham (Bam-ba-Lam)
Way down in Alabam' (Bam-ba-Lam)
Well, she's shakin' that thing (Bam-ba-Lam)
Boy, she makes me sing (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty (Bam-ba-Lam)
Whoa, Black Betty
BAM-BA-LAM

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.