[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

2/1/11

Pola Neutralidade da Rede

O conselleiro delegado de Telefónica Julio Linares nas xornadas da UIMP (Santander, Cantabria) falou sobre a necesidade de establecer un sistema de pagos no acceso a Internet no xeito de pagar máis quen máis a utiliza e con elo rematar ca tarifa plana entre outras cousas, ben é certo que non foi o tema central da súa charla pero sí o que transcedeu. Hai que recoñecer que o directivo da multinacional española ten un xeito ameno e solvente, case embaucador de expoñer os seus argumentos, pero a credibilidad desvanecese segundo vai trocando a súa opinión, segundo lle tocan a carteira da empresa para a que traballa nestes intres.

As operadoras de telefonía están a ver con meridiana claridade que nun futuro non moi lonxano a converxencia de todalas redes de comunicacións cara as redes de datos, polo que as liñas de telefonía fixa e móbil no memento de popularizarse os aparellos duais, con WI-FI, WIMAX ou similar. Os ingresos destas virán exclusivamente das liñas de datos, coma a internet en telefonía, as videoconferencias (servizos con necesidades de transmisión de datos en tempo real) e a TV, e dicir, o interesante vai ser o que circula, xa que non terán poder para ofertar servizos con tarificación especial, e podes ter moitos clientes aos que só lles podes poñer "tuberías", pero non controlar o que van por elas.

A multiplataforma dos produtos que veñen, o software como servizo, é dicir, paquetes ofimáticos en liña (computación na nube), xogos, video... Si temos tarifas planas, eses servizos se van a poder prestar dende case calqueira lugar. Si se tarifica o tráfico as condicións principian a mudar, se poderá cobrar por tipos de tráfico e se poderán ofrecer certos paquetes de aplicacións ou de canles de televisión con ou sen tarificación adicional, dando prioridade moito me temo, segundo a aplicación que se trate, e no pior dos casos, segundo o proveedor, e distinguir o tráfico a favor do móbil en detrimento do fixo.

Os antecedentes para chegar a ese obxectivo os temos por exemplo no caso de Google® pactando con Verizon® para dar prioridade ao tráfico móbil e ao seus servizos (buscador, GMail, mapas, e o que se che ocurra) é algo que está a afectar moitísimo na percepción que teñen os usuarios(as) do xigante de internet (non así tanto do monopolio —semellante ao de Telefónica® en España— da compañia Verizon® e que precisamente non caen simpáticos).

E como derradeira ocurrencia de alguén, que se lle presupón certo conocemento do medio, alerta da súa intención no cobro «por usar as súas redes» cunha vergoñenta desfachatez.

E dicir, que os buscadores e outros provedores, gastan centenares de millóns ao ano no ancho de banda, para poder servir cun mínimo de calidade aos seus usuarios(as), e se pretende cobrar aos dous extremos do fío, ao usuario(a) final, nós, que pagamos relixiosamente a conexión de internet e aos proveedores de servizos que por ter un ancho de banda dabondo, para que sexa satisfactoria a experiencia de usalos seus servizos, lle pagan a súa compañía de telefonía, vía empresa fornecedora de aloxamentos webs (hosting). Acaso non reparou quizais, que sin eses servizos que dotan de contidos a internet, non ía ter usuarios(as) de internet? Que os teus clientes demanden cada vez máis dos teus produtos ou servizos, No é esa a situación ideal de calqueira empresa? Entón, con millóns de clientes demandando cada vez máis dos seus servizos, en lugar de investir en mellorar para poder acoller en condicións aos novos clientes, prefiren gañar máis cartos restrinxindo o seu propio servizo.

Non lle queda claro cal é o seu negocio, quizais, se trata de eso, de dar servizo de comunicacións atento e EFICIENTE, e os que se adican a internet, son fan algoritmos, códigos...

É coma si as concesionarias de  autoestradas, aparte de cobrar polo peaxe, lle quiseran cobrar ás empresas de transporte en función da demanda que teña a mercancía que transportan.

Sinxelamente, pretendese crear unha internet para ricos e outra para pobres, e o pior é co ministro de industria o ve ben; non resulta incríble? E por si non fose esto suficiente, na época de crise que levamos anos padecendo, os beneficios destas compañías como Telefónica®, son cada vez máis espectaculares.

É un feito que en España, acceder a Internet é caro e por enrriba a calidade e a velocidade son inferiores aos da media do mundo desenvolto. Non se investiú en infraestruturas o suficiente, sendo a nosa rede anticuada e propia do século pasado. Non é comprensible que nesta internet que os usuarios pagamos con creces, decidan explotar ao máximo revendendo unha e outra vez o ancho de banda que a maioría non utilizamos.


Para rematar, incidir en que a neutralidade da rede consiste en NON DISCRIMINAR os paquetes de datos por razón de orixen, destino, protocolo ou contido. Non afecta a estrutura do mercado no orixen ou no destino da comunicación. A falacia que pretende intoxicar a idea da neutralidade, é que todos vaiamos a mesma velocidade, ti podes contratar o ancho de banda que desexes, o único que os teus datos non sexan dicriminados.



Romper a neutralidade implica que as operadoras poden adulterar o libre mercado e competencia, inserindo factores que distorsionan a competitividade; ademáis de impedir a innovación ao ser éstas xuíz e parte.


Si se permite cobrar ás operadoras por ofrecer un acceso privilexiado en condicións de saturación, se está estimulando precisamente o que non se debe estimular: que tendan a xestionarse, por seu propio interés, en situación de proximidade a ditas condicións de saturación, evitando o desenvolvemento de novas infraestruturas. Ante unha situación persistente de saturación a operadora non debería reaccionar cobrando a terceiros para obter accesos preferenciais, senón desplegando nova infraestrutura.

Lamentablemente este debate non está a ter o eco que debera nos medios xeneralistas e informativos, cando estamos a falar de algo que de verdade impacta no futuro económico, cultural e social dun país.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.