[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

30/9/10

Ligazóns do mes (setembro 2010)

«Microsoft Expression Web SuperPreview for Windows Internet Explorer» é un visor que para todo o que se adique ao desenvolvemento web precisa ter, pois trátase dun visor gratuito que che permite ollar como se comportan os teus deseños no infumable Internet Explorer 6 e outros navegadores posteriores.

Podes descargalo sen necesidade de validar o teu sistema operativo e esta versión —de balde—, soamente che permite comparar cos navegadores de Microsoft® , soamente está dispoñible para Windows7 e en inglés.

Microsoft Expression Web SuperPreview for Windows Internet Explorer

Seguimos co desenvolvemento de páxinas web, neste caso este sitio che proporciona abundante información de diversas materias, como os tipos MIME, con que programa se abren diferentes tipos de arquivo, caracteres Unicode, recursos... etc.

Fileformat.info

Moitas veces cando estás na procura dun color, precisas saber o cor exacto que estás a ver, noutro deseño ou páxina; aquí tes un programa —de balde tamén— sinxelo, portable e válido para todolos sistemas operativos (utilizando Wine nos sistemas que non sexan Windows).

colorcop.net

E por último, si tedes o novo sistema operativo dos mozos de Redmond (WA, USA), Windows7, tedes que saber, que por fin xa dispoñes do paquete de idioma para telo en galego. O idioma base ten que ser o castelán para poder instalalo. Non fai validación do teu sistema operativo.

Centro de descargas de Microsoft®

O vindeiro mes, máis por susposto.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.