[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

11/1/10

O xogo caprichoso do Azar?

Temos que ter unha lembranza para o cineasta francés , que faleceu aos 89 anos en París (20/03/192011/01/2010). Seu nome está indisolublemente ligado aos de , ou , xunto a quenes erixiu a "", unha auténtica revolución no séptimo arte europeo.

Antes de principiar no eido da cinematografía, foi mestre de letras, escritor e a súa andaina escomeceu verdaderamente en 1957, cando foi nomeado redactor-xefe da revista "Cahiers du Cinema" (Cadernos de Cinema), onde se aglutinaba o núcleo da "Nouvelle Vague". En 50 anos de carreira dirixiu 24 longametraxes: o primeiro, "O Signo do León", en 1959; e o derradeiro en 2007, "O Romance de Astrea e Celadón".

Máis non podemos deixar de nomear algunhas das obras mestres que nos legou para a posterioridade, "O Seonllo de Clara" (1970), "O Raio Verde" (premiada en Venecia con ), ou a "Miña noite con Maud", filmada en Clermont-Ferrand -no mediodía francés- nunhas xeadas noites de 1969.

Moitas das longas filmadas, amosan películas terapéuticas, necesarias para comprender ou sinxelamente para descoñecer ainda máis ao ser emocional. O(A) espectador(a) pode unirense á inxenuidade de non ter experiencia en case nada e ollar, precisamente o factor que conspira ou manipula nas relacións de parella, e ca maestría de amosarnos nos minutos iniciais do metraxe, (claves para entender a filmografía Rohmeriana), eso que pretende amosarnos sen que apenas nos decatemos, e o xeito simpe de facelo; que o que nos amosa, e non nós conta -ainda a pesares de ser un mestre nas letras-, sexamos capaces -coma a inocencia do noso primeiro bico-, ver a razón, sen a necesidade poderosa de saber como se ama, a desexar sexualmente ou, sinxelamente, a ensinarnos a xulgar, nen máis nin menos, como si fose a nosa vida cotiá; ao fin e cabo, o final é noso. Paradóxicamente ainda que semella fortuita de fiarnos esa decisión, ésta non é por azar e que cheguemos a ese final valioso e "calculado" e ainda por riba (moitas das veces) plantexando preguntas sen ofrecer directamente as respostas que agardabamos atopar.

Como acostumaba a dicir o mestre, "Eu non digo, amoso", reflexión á que chegaría despois de decatarse nos primeiros largos, que a banalidade de vida, as palabras baleiras, que non aportan máis información que as propias accións dos protagonistas que desafían a súa identidade por amor ou desamor, definindo a súa personalidade por medio de charlas sinxelas, espidas de artificios técnicos, que poden ser complementadas poderosamente por medio da imaxe e non só das palabras; (dabondo chegaba cunha sóa cámara e longo plano-secuencia).

Sinalar que Jean-Marie Maurice Scherer (o verdadeiro nome de Éric Rohmer) acostumaba a rodar case sempre coa mesma equipa profesional, destacando a labor do fotográfafo catalán e a actriz , protagonista da maior parte da pentaloxía de contos Morais e da recoñecida polo público e aclamada pola crítica "Conto de Outono", derradeira entrega dos seus contos estacionais.

Un exemplo do poder na que as palabras perfilan a situación, a temos no cerme da súa filmografía, en "Miña Noite con Maud"; a historia se asemella ao argumento dunha película de baixas pasións e bragueta desenfrenada, pero non se equivoquen, porque o que perde aos protagonistas da historia e a súa boca e o seu verbo (afilado), ás veces falando de sentimentos sen previamente experimentalos, polo pracer de falar; así de vulgar é a cotidianidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.