Cando ao sexto mes de 2006 finalice, o Rei de España cruzará os Pirineos co seu exército. As lexións de Belcebú agardarán a batalla nas planicies do centro de Europa. A destrucción e a derrota caerán sobre os malvados. O Santo Grial volverá, co Rei triunfante, a España.
A interpretación está ben clara: D. Xoan Carlos irá a ver os partidos da Selección Española de fútbol no campionato de Alemaña e volverá coa copa do mundo. Esta vez non hai excusas, se Nostradamus leva a dicir desde fai varios secúlos, non van chegar agora uns xogadores de pacotilla a destrozarlle ao home dita profecía.
Anotación que ven do anterior aloxamento en myblog.es deste blogue.