[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

29/6/09

Onde esta a dignidade?

Estou a seguir con preocupación o que esta a acontecer en Irán, non é para menos, se a historia tende a repetirse, os grandes dictadores empezaron a súa andaina, co desdén da comunidade internacional, ainda a pesares das tropelías manifestas, que foron e son capaces de facer por chegar a cumprir cos seus propósitos, gobernar unha nación roubandólle a libre elección dun pobo.
Non vamos a repetir as imaxes da xove Neda asasinada nunha manifestación na rúas de Teherán, para que? supoño que xa as vichedes por diferentes xeitos da vosa vida dixital, non si?, pero si chamar a atención sobre pequenos detalles, que debemos prestar unha alerta concienciada e que non terán seguro, a repercusión mediática desas imaxes tan duras. O caso por exemplo, do médico (e escritor) que a atendeu a xove, Arash Hejazi teme pola súa vida. Tivo sorte ao fin e cabo, porque foi capaz de fuxir e non ser identificado daquelas; pero agora despois da repercusión que tiveron as imaxes e a difusión por internet, teme voltar ao seu país. Esta refuxiado en Londres ata non sabe cando, ata que as autoridades dese país tomen conciencia real do que pasa en Irán. Non sei se axudará moito a crise do que estar a pasar cos diplomáticos de ambolos dous países, e moito mellor sería que estivese noutro país, que non houbese a tentación de utilizalo como moeda de troco para restablecer esas relacións deterioradas.
Son moi escéptico cos políticos; non teño en moita estima o seu labor, pois son moitas cousas que vas calando, o último foi o peche da xurisdición universal para moitos seres humanos, só si eres español, podes ter dereitos, pero ese gran logro que acadaron as Nacións Unidas cos crimes de lesa humindade, que poideran ser perseguidos, foron cercenados esta semana, e vaia por Deus, PP e PSOE puxerónse de acordo en algo, nesto precisamente.

Só nos queda loitar, tentar transmitir esa empatía -da que adolecen nosos políticos mundialmente- para que o que pasa alí, fose como si nos pasara a nós. Polo tempo no que aconteceu a maior traxedia do século XX, Martin Niemöller o sintetizou nuns versos, que se atribuén a Bertolt Brecht e que convén memorizalos, por si acaso.

 cartaz da Campaña «FreeIran»

En , tentan chamar a atención sobre a situación en Irán e pedir porla liberdade, por eleccións limpas, pola dignidade e por todo o que ti berrarías si che rouban o teu voto. Só tedes que escribir sobre o tema, e ligar co sitio da acción (bloggersunite.org/event/free-iran), poñendo a etiqueta ou tag #. En , levan a cabo dúas ciberaccións para amosar a protesta polo que esta a pasar nas rúas e o respecto dun dos dereitos fundamentais de todo ser humano, pola e tamén pola ().

Na Wikipedia tedes un extenso artigo sobre as protestas.


0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.