[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

25/3/09

Senón tes un can, non sabrás que é a Bolsa

 Demetrio Unha vez chegou á aldea un cabaleiro, ben vestido, instalouse na única pensión que había, e puso un cartaz na praza do concello e no adro da igrexa, estaba disposto a mercar cada cadelo ou cadela que lle trouxeran por 10 euros.

Os veciños, que sabían que o bosque estaba cheo de cadelos, sairon correndo a cazar cans.
O home mercou, como prometera no cartaz, as ducias de cans que lle trouxeron a 10 euros cada un sen rechistar.

Ao pouco tempo quedaron moi poucos cans no bosque, e era moi difícil cazalos, os veciños perderon interés, entón o home ofreceu 20 euros por cada can, e os veciños correron de novo ao bosque na procura de cadelos e cadelas.

Novamente, foron mermando os cans, e o home elevou a oferta a 25 euros, os veciños volveron ao bosque, cazando os poucos cans que quedaban, ata que xa era casi imposible atopar un.

Chegado a este punto, o home ofreceu 50 euros por cada can, pero, como tiña negocios que atender na cidade, deixaría ao cargo, ao seu axudante do negocio na merca de cans...

Unha vez que o home partiu a cidade, o seu axudante dirixiouse aos veciños dicíndolles:

  • Fíxense nesta gaiola chea de centos de cans que meu xefe mercou para súa colección, nin lembra que os ten. Eu lles ofrezco vendelos a vostedes os cans por 35 euros e, cando meu xefe volte da cidade, vostedes os venden polos 50 euros cada un.

Os veciños, xuntaron todolos aforros e mercaron os centos de cans que había na gaiola, e esperaron a volta do xefe...


Dende ese día, non volveron a ver nin ao axudante nin ao xefe. O único que viron foi a gaiola chea de cans que mercaron cos seus aforros de toda unha vida.


Agora teñen vostedes clara a noción de como funciona o Mercado de Valores, a Bolsa...




0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.