Espero descubrirche un grupo que escoitei no Grândola (Praza San Marcial, Ourense) chamado Vampire Weekend, grupo neoiorquino cun pop que definiríamos como afro-punk. A canción "A-Punk" é toda unha declaración de principios dun grupo branco, que soa coma un grupo branco, pero con alma negra. Non sei si sonará moi pretencioso comparalos con David Byrne, Peter Gabriel ou Paul Simon. A revista Rolling Stone escolleu do seu álbum homónimo "Vampire Weekend" a canción "Cape Cod Kwassa Kwassa" como unha das cen mellores do ano 2007 (e eu ainda me enterei agora).
Aqui podedes ollar unha actuación para France4 (Taratata) en outono pasado, cantando en francés unha canción do Belga Lou Deprijck "Ça Plane pour moi", versionando a Plastic Bertrand, todo un detalle.
Esta semana toca fin de semana vampiríco (Vampire Weekend) no teu fogar; Na emisora de LastFM tes máis cancións para escoitar ou mercalo.
[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.