ver Foto de 1'7 millóns de megapíxeis [196 Kb] © David Bergman
Co poder que da reproducir unha imaxe de un millón setecentos mil megapíxeis, Global Connection Project é un proxecto conxunto da Carnegie Mellon University, NASA, Google e National Geographic.
Encargánse de amosar xeralmente, grandes espazos en perpesctivas super panorámicas e grazas a API de Google, somos capaces de aumentar e ver en detalle dita panorámica.
No sitio de gigapan.org tedes máis...
Gran Cañon, Templo Dourado da India, ou a toma de posesión dun presidente.
Asi o fotográfo David Bergman é o autor da panorámica da toma de posesión do 44 presidente dos EE.UU, Barack Hussein Obama o pasado 20 de xaneiro (2009). Na explanada xuntarónse preto de dous millóns de persoas e na páxina do autor, describe como foi de capturar tan descomunal tamaño.
Supoño que ademáis de ter unha cámara de fotos especial, o software de Gigapan e un bo ordenador para traballar gráficamente perante 6 horas e media un arquivo final de 2 Gigas, axuda moitisímo.
Ainda que o traballo do Mac (ordenador utilizado para a composición por software), ás veces, xoga malas xogadas e da a "impresión" de pantasmas dixitais.
Agora só falta que Iker Jiménez investigue e nos clarifique o misterio dos Pantasmas. Seguriño que da para dous programas!
0 comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.