[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

20/11/07

Calendario 2008

Non recibimos o calendario , non somos uns deses agraciados 2500 que o reciben de balde (contáse nos mentideiros que un deses "agraciados" é o príncipe Charles. Sen embargo os agasallamos con outro calendario senón rival en marca (pois Aubade a marca deste non a coñecía) en calidade "artística" e fotográfica non desmerece en nada.

 Moza de Aubade
cortesía de www.aubade.com

E senón xa me contaredes. Por certo tedes os comentarios abertos, para dicir calquera cousa, ánimos, invitacións a cervexas ou que vos desagrada este calendario, penso que con estes temas que se nos da por tocar, imos mudar de nome o blog e poñer "Fagas o que fagas, ponte bragas!"

17/11/07

o sitio de Mondoxíbaro

Mondoxíbaro na procura do mellor sitio para publicar o seu blog, ten varios frontes abertos -de feito si procuras mondoxibaro no Google, case todos fan relación con sitios ou servizos onde nos dimos de alta- para probar cal é mellor.
Publicamos perante 1 ano e medio en myblog (http://myblog.es/mondoxibaro) e o servizó é unha merda.



Agora estamos en http://mondoxibaro.blog.com cun nivel de provisionalidade perante non sabemos canto tempo (de feito non nos termina de convencer, excepto que o dominio é doado).
Vemonos alí!