[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

15/6/06

Consellos para ser pais

Despois de dous anos de paternidade e un só fillo, con ánimo de infundar valor aos meus amigo(as) que ainda non teñen fillo(as), deseguido unha serie de consellos:


A preparación para ser pais é moito máis que ler uns cantos libros e decorar a habitación do neno ou nena. Aquí tes unhas sinxelas probas para os futuros pais... así para a muller:
  • para prepararte para a maternidade, átate un saco de garbanzos na tripa e ponte unha bata encima. Déixao aí durante 9 meses. Despois de 9 meses, abre o saco e quita o 10 %  dos garbanzos.

Para o(s) home(s) e/ou muller(es):
  • para prepararte para a paternidade/maternidade, baixa á farmacia do teu barrio, vacía o contido da tua carteira no mostrador e dille ao farmacéutico que se sirva él mesmo. Logo vete ao supermercado e domicilia a túa nómina directamente na sua sede central.
  • Vete a casa. Colle o xornal. Léelo por última vez.
  • Antes de lanzarte a ter fillos, busca unha parella que xa os teña e critícalle polos seus métodos de impoñer disciplina, su falta de paciencia, sus pésimos niveis de tolerancia, e por permitires que seus fillos se porten como salvaxes. Suxiérelles maneiras de mellorar o comportamento dos seus fillos á hora de acostarse, pedir pipí ou xantar.
  • Aproveita, será a última vez que terás todas as respostas.
  • Para facerte unha idea de cómo serán as noites, colle un saco húmedo de entre 4 e 6 kilos, anda polo teu salón cara arriba e cara abaixo, co saco en brazos, sin sentarte desde as 5 da tarde ata as 10 da noite.
  • As 10 solta o saco húmedo, pon o despertador para medianoite e dúrmete.
  • Levántate as 12 e dalle máis voltas polo salón, co saco húmedo ata a 1.
  • Pon o despertador para as 3.
  • Como non poderás durmirte, levántate as 2 e prepárate unha copa.
  • Acuéstate as 2:45. Levántate cando soe o despertador as 3.
  • Canta nanas na escuridade ata as 4 e pon o despertador para as 5.
  • Levántate. Fai o almorzo. Segue esta rutina perante 5 meses.
  • Pon sempre boa cara.
Podes aguantar os nenos(as) na casa?
  • Para averigualo, unta crema de cacao no sofá e marmelada nas cortinas. Esconde un trozo de peixe rebozado detrás do equipo de música e déixao aí durante todo o vrán. Mete os dedos nas macetas e logo arrástraos polas paredes máis limpas. Debuxa encima das manchas con lápices de cores. Qué tal queda?
  • Vestir a un neno pequeno non é tan doado como parece:
  • primeiro, merca un polvo e unha bolsa de redecilla, intenta colocar o polvo dentro da bolsa de maneira que no salga ningún dos tentáculos polos buratos da rede. Tempo permitido para a proba... toda a mañan.
  • Colle una caixa para ovos (vacía). Utilizando unas tixeras e un pouco de pintura, convirtea nun cocodrilo. Agora colle un tetrabrik, unha pelota de ping-pong e un paquete de choco-crispis vacío e construe unha réplica exacta da Torre Eiffel. Noraboa!, aprobache as probas para ser membro da asociación de pais de gardería.
Olvídate do deportivo e mercate un monovolumen. E non o deixes no garaxe, todo limpo e brillante. Os coches familiares non son así.

  • Merca un xelado de chocolate e méteo na guanteira. Déixao aí.
  • Colle unha moeda de vinte céntimos e métea no cassette ou DVD.
  • Colle un paquete de galletas de chocolate de tamaño familiar. Esmagalas contra os asentos traseiros.
  • Araña ambos lados do veículo cunha chave ou resfregate sen querer ca columna do parking preto do traballo —tipo de liña directa aseguradora—, así xa o tes perfecto!.
Prepárate para sair, espera na porta do baño durante media hora. Sal pola porta da rúa. Volve a entrar. Volve a sair.
Volve a entrar. Volve a sair. Baixa polo camiño outra vez. Anda pola rúa moi despacio durante 5 minutos. Párate a inspeccionar con detalle cada pitillo apagado, chicle tirado, kleenex usado ou insecto morto que atopes na beirarrúa. Volve cara atrás. Berra que estas farto ata que os veciños se asomen a mirarte. Date por vencido e volve a casa. Agora estás máis ou menos preparado para levar a un neno pequeno de paseo. Repite sempre o que dices polo menos cinco veces.
Vete ao supermercado . Leva contigo o máis parecido a un neno de menos de catro anos que poidas atopar (unha cabra adulta é ideal pero fagome cargo que é difícil, polo que podes coller un cadelo tipo lameconas).
Si pensas ter máis dun neno, levate duas cabras (ou dous perros tipo). Fai a merca da semana sen perder de vista as cabras. Paga todo o que as cabras comeran ou destrozaran. Repíteo varias veces; namentras non poidas realizarlo coa facilidade non soñes con ter fillos.
Baleira o interior dun melón. Fai un pequeno burato nun lado. Colgao do teito e balancéao dun lado a outro. Agora colle o bol da papilla.
Intenta meter cullaradas de papilla dentro do melón finxindo que eres un avión. Segue intentándoo ata acabar ca mitade da papilla, vergue a outra mitade sobre o teu regazo asegurándote que se derrame moita sobre o chan. Agora estas preparado para dar de comer a un neno de 12 meses.
Apréndete todos os nomes dos Power Rangers, dos persoaxes das películas e series de , Os , , Pokemon e . Cando te sorprendas cantando cancións de Blancaneves no teu traballo... por fin estarás preparado para ser pai.

Anotación que ven do anterior aloxamento en myblog.es deste blogue.