[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

8/11/09

Poetas e artistas da rúa

Velaquí unha escolma de nomes que non deberías perdelos si tes inquedanzas polas novas tendencias, aconsellamoste gardalos na barra de marcadores favoritos; sí eres un(ha) marchante de arte ou axente, xa estás a facer un oco na túa axenda e xa depaso che conveña facelo tamén na túa carteira...

Arte plástica na rúa , é a proposta do creador Mark Jenkins de amosar, na inmensa galería que ofrece a cidade, os seus deseños. O artista declarase hacker, (o verbo to Hack en inglés ten varias acepcións, unha delas significa «perder o tempo» e non ten por tanto, neste caso, connotacións informáticas), e abandona a súas pezas particulares en entornos urbanos, ao ar libre ou ben, en recintos pechados, pero non en museos ou galerías de arte; feitas con papeis de xornais ou con cinta plástica; podedes ollar o novo «street art» no seu sitio xmarkjenkinsx.com.

Foto:  Licenza Creative Commons Storker — «Callwaiting»


Charles Pitts é considerado por algún xornalista, quizais ávido de noticias, un poeta urbano. O seu xeito de vida dende logo que é moi peculiar, indixente sen teito na cidade de San Francisco, a súa escala básica para vivir pasa por obter conexión gratuita WI-FI nos diferentes hotspot da cidade, sen máis apetencias que ter onde cargar a batería do seu portátil Dell e tratar de conquerir outro modelo mellor.

Ten 500 amigos virtuais e Erika no mundo real. Quizais medrou e tivo máis, cando o The Wall Street Journal US fixose eco da súa "bonita historia", non sei ata que punto os amigos virtuais son pola súa poesía ou ben, siareiros como él dun adictivo videoxogo da rede social.

A rima dos seus versos, coma a súa vida, e tamén moi circustancial, como queira que el mesmo, considera que o ser poeta non é un traballo real; podes ser partícipe dos seus arrebatos, por medio da rede social.

not much has changed after my story was posted
Non mudei moito dende que a miña historia fora publicada
still struggling with day to day things
ainda sigo a loitar polas cousas do día a día
starting to feel the toxic fumes
empezo a notar que os tóxicos fumes
of the passing cars affect my body
dos coches que pasan afectan ao meu corpo
scared to sleep on sidewalk because of being arrested (...)
asustado de durmir nas beirarrúas por medo a ser arrestado
the top people of the city know of my situation
A xente importante da cidade coñece a miña situación
just tell me: «good story».
só me din: «bonita historia».



[D]«Banksy Little Diver» en Melbourne (Australia) [Pequena Londra de Banksy]
Foto: Reuters «Banksy Little Diver»
en Melbourne (Australia). A pequena londra foi borrada polos servizos de limpeza municipais, disque por un erro.


Xavier Prou (nado en París en 1952), máis coñecido co alcume Blek le Rat —baseado nun persoaxe da Banda Deseñada Italiana—, é considerado o padriño do estarcido (stencil graffiti art) e paradoxas que che da a vida, na cincoentena, grazas aos seu contemporáneos con moita máis repercusión mediática e foron quen de imitar a súa técnica, e cando está a gañar cartos con esto da arte urbana.

O prolifíco e quizais máis coñecido é o artista —contemporáneo— británico Banksy, que escomezou a súa andaina no colectivo «DryBread ZCrew», intenta retratar estampas satíricas sobre a política, cultura, música ou sociais, a contracorrente cos grandes medios de comunicación -quizais influenciado polo movemento Ad Jammers, éstos deforman as imaxes dos anuncios publicitarios para mudala mensaxe-, combinando estarcidos por medio de plantillas, con ácidos comentarios con aerosol. A súa notoriedad débese en gran medida a súa pretendida anónima identidade, e tamén as repercusións mediáticas coas súas provocativas exposicións en diversos museos; en Londres por exemplo, inseriu unha falsa pintura rupestre no British Museum e unha rata morta no Museo de Ciencias Naturais.
A súa impronta contracultural deixase ver polos muros e esquinas de moitas cidades, incluída a inexpugnable Disneylandia, onde unha figura en tamaño real dun encarapuchado -semellante a un preso en Guantánamo- misturabase con Mickey ou o pato Donald; ou ben as súas iconográficas pinturas denuncian o muro da vergoña, nos territorios palestinos, sen deixar baleiro o eido cinematográfico, (inédito traballo polo momento ata a edición deste ano 2010, no Festival de Donostia).

Ainda a pesares das fechorías nos museos en tempos pretéritos, éstos como o Bristol (Bristol's City Museum & Art Gallery), o Tate Modern de Londres e o MOMA de Nova Iorque, organizan e acadan o éxito nas súas exposicións, atopando na listaxe das 30 exposicións máis visitadas; no ano 2009 cun promedio de 3.800 asistentes diarios, 309.000 en total.

Quedan moitos, Shepard FaireyObey é o seu alcume— dado a coñecer polo deseño do cartaz e lema famoso Obama Change, o arxentino Blu-Blu, artista gráfico no sentido máis extensivo do termo...
Na rede tedes moita máis información si estades interesados(as) en profundizar sobre o tema, pero eu destacaría o sitio do mestre, crítico e tipógrafo Javier Abarca: urbanario.es, é un pracer leelo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.