[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

28/7/09

Bonito e que non te trata como un burro

O 22 de outubro 2009, celebran os siareiros da empresa de Redmond (WA, USA) a saída da versión «séptima» como denominación comercial (Windows7®), en competencia directa co recén estrenado Karmic Koala® de Ubuntu®.

Aqui tedes a primeira avaliación, antes de que sairan definitivamente, as versións, a de Ubuntu® é Alpha 2, a de Windows® e a versión definitiva (RC).
E sobran máis comentarios que ollar o tempo que tardan en arrancar, conectarse a unha rede WI-FI, ou apagarse.


Video: YouTube [4'5 Mb]

Transcrición do video:

Vense dous portátiles SONY® Vaio® idénticos situados un ao carón doutro, prendese a vez, o situado a esquerda ten o sistema operativo Karmic Koala® de Ubuntu® (versión Aplha 2) e o que esta a dereita, Windows7® de Microsoft® (versión definitiva —RC—).
Ao cabo de 24 segundos aparece no portátil da esquerda (Ubuntu®) a pantalla para inserir o usuario(a) e o contrasinal, 5 segundos despois aparece o escritorio e 3 máis tarde, conectase a unha rede WI-FI. O portátil da dereita (Windows7®) tarda 44 segundos en amosar o escritorio.
Para pechalos, o portátil da esquerda tarda 10 segundos, o da dereita 20 segundos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.