[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

20/5/09

A vida sen a música de Mel é un erro

Onte, no programa de Buenafuente tiven a sorte, o digo pola hora -as dúas da madrugada-, de escoitar ao grupo Mel, cataláns de Sant Boi -moi preto de Barcelona- e que cantan en inglés. Semellánse a grupos como Ocean Colour Scene, Stereophonics ou Oasis; fan dende logo unhas cancións pegadizas e hipnóticas -co tema presentando onte- non para de rebulir no meu maxín esos teclados de Xavi Artigas.
Pero moito mellor velos na actuación de onte en Buenafuente, agradecer infinitamente a quen se lleu ocorreu a idea, fai un ano, de enviarlle unha maqueta a Andreu... e a Núria Botia, Ismael Inarejos, Lucho Torres e Pau Torrens (os outros compeñentes de Mel, que se ocupan do baixo, Voz - guitarra acústica, guitarra eléctrica e percusión por ese orde) ademáis de Artigas aos teclados.
A sorte para os que vivides pola zona de Llobregat, de velos actuar en directo, este venres 23 de maio na casa da música Salamandra 1, L'Hospitalet de Llobregat, por 3'5 €uros que custa a entrada, creo que vale a pena.


Video: YouTube.com Subtitulados en: OverStream.net (Inglés) e dotSub.com (Castelán) Fonte: laSexta

Dende Sant Boi con vostedes , co tema «Someone I am not» dentro de nada, esperemos, que moi coñecidos e que veñan de xira axiña polo noso país. De novo, grazas Buenafuente!.

Edito: Pedímoche a letra da canción a MEL e o permiso para reproducila, e por xentileza deles, aqui o subtitulado. Grazas (de novo) Lucho, Ismael e todolo grupo MEL e moita sorte; esperamos veros por Galicia axiña.


1 comentario:

  1. Soy lucho del grupo mel y quería agradecer las palabras que nos dedicas en tu blog

    Saludos!

    ResponderEliminar

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.