[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

26/5/09

Franca charla de sexo

Weeds é unha serie estadounidense políticamente incorrecta; creada por (dez nominacións aos Globos de ouro e un galardón na categoría de serie musical ou de comedia coma mellor actriz para ) e que foi estreada por canal+ primeiro, e despois en cuatroº sen moito éxito; creo que debido en gran parte, a falla de respecto polos siareiros desa excelente serie, pois foi continuo o troco pola grella (lembro como foi liquidada tamén por aquel tempo a segunda parte de Roma, creo que foi na semana santa do ano 2008).

Así que para descobrila senón fuche quen de facelo no momento da estrea, pois posiblemente non te enterache, o remedio é vela baixandola de internet (ainda haberá algúns directivos de TV que non se enteran).

Hernán Casciari fai un completo resumo das tempadas da serie, moi atinado -coma sempre- na crítica, e che ofrece os ligazóns onde procurar o seu visionado.

Para que vaias facendote unha idea, cando falamos de políticamente incorrecto, aqui tes unha pequena charla, moi franca do tío Andy () co seu sobriño Silas ().
Ao mellor aprendes algo ;)



Fontes: YouTube.com (Inglés/Castelán) Subtitulos: OverStream.net



emítese actualmente en canal+, canal+HD (plataforma canal satélite digital+, dial 1 e 111) os xoves as 21:30 h. (0s venres en canal+2). Consulta o seguinte listaxe para procurar os códigos de ShowView de canal+.

Weeds = Malas Herbas (Hierbajos en castelán)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.