[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

16/5/09

17 de maio, día de compromiso coa lingua

Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte


Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma

CASTELAO  CASTELAO «Sempre en Galiza»



Hoxe non é posible manter unha relación interna coas empresas na nosa lingua. As normas non están en galego, os cursos de formación non son en galego, as instrucións que recibimos non están en galego e en moitos casos falar galego «no ayuda en la carrera profesional». Só hai que coller un xornal, acender a televisión, escoitar a radio, ir ao cine ou ter un xuízo para ver que o galego, malia ser o idioma maioritario en Galicia, está infra-representado en amplos ámbitos da nosa vida cotián.

Con todo, o idioma que nos une está sendo vítima dun ataque descarnado, centrando un debate político ficticio por intereses electoralistas, tratando de convertelo nunha fonte de confrontación.

 manifestación 17 de maio 2009



Participa na manifestación o 17 de maio do 2009 en Santiago de Compostela (A Coruña).

A cita podesla grabar na túa axenda, do teu móbil ou PDA, ben descargando no teu ordenador o arquivo .vcs (o estándar de vCalendar para organizar axendas e calendarios) para envialo deseguido, por Bluetooth, ao teu móbil (ou PDA) e, engadir dese xeito máis doadamente; ou ben, podes empregar a cámara do teu móbil para que interprete os seguintes códigos de barras, segundo o lector que teñas instalado; por este orde, QRCode que é un formato estándarizado, EZCode ou tamén chamado Bidi para Movistar e DataMatrix que incorporan algúns terminais e operadoras de telefonía.

 QRCode EZCode  DataMatrix
Imaxes de códigos de barras de QRCode, EZCode e DataMatrix (por ese orde)

[Preme sobre as imaxes para amplialas]


Actualización: A convocatoria foi un éxito, cifrase nunhas cincoenta mil persoas que asistiron, ainda a pesares das inclemencias do tempo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.