[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

4/3/09

Espazo de conVIVEncia?

A lei Anti-Tabaco aprobada na anterior lexislatura por Elena Salgado é insuficiente.
A esta conclusión chegas, cando pasado o tempo, ves como dita lei tomase polo pito so sereo (como as follas de reclamacións -para que sirven?-), e agora e moi frecuente atopar a xente fumando nos centros de traballo, centros comerciais e bares -que tendo máis de 100 m2 non se atopan acondicionados ou ben, acondicionánse ao xeito galego.
O que me molesta e cando chamas á atención a alguén, que pensas, pobre despistado(a) non se decatou, pero non! si se decatou e che contesta, que pasa! denunciéme!
Non pretendo ser proselitista neste asunto, non o pretendía; ata o momento non denunciei a ninguén nin tampouco se me pasaba pola cabeza, ao fin e cabo, eu fun fumador (xa fai moito tempo, de xove) e non me molestaba nin me molesta o fume.
O que non tolero ben e a mala educación dos fumadores, que se arrogan os espazos públicos onde, os poucos que hai para non fumadores, son usurpados por éstes.

 Espazo de Convivencia?

Agora ben, se eles queren os males fumes, a partir de agora, si denuncio (ainda que non sirva para moito, dada a indolencia da administración).

DENUNCIO pois as galerías VALLE INCLÁN, onde se atopan os cines en Compostela, na rúa Fernando III o santo nº 12, alí hai un centro de perruquería, que sistemáticamente as súas alumnas se pasan dita lei polo pito do sereo.

Hoxe fixen a miña primeira denuncia, por medio de podes facelo en liña e presentar dita denuncia, en calqueira fiestra da administración ou estafeta de correos.

Soamente queda ser restricitivos para facer cumprir a lei. Considero inxusto que os hosteleiros que a cumpren perdan cartos, en perxuízo doutros que se pasan dita lei por aí abaixo, e a nosa saúde tamén (agóra que o penso).

Xa vos contarei como foi.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.