[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

23/4/08

Quizais FG quere vender o BBVA?

Na pasada xunta de accionistas do BBVA, Francisco Gónzalez (FG) desafloxou o nudo da súa garabata como signo de incomodidade, perante a intervención de dous accionistas e as súas cuestións "impertinentes", pola inversión do BBVA en industrias bélicas (poñendo en entredito seu publicitado discurso de corresponsabilidade social). Foron ditas intervencións máis molestas que ca dos sindicatos; pero éstos tampouco sospeitaban o que se lles aveciñaba.
Os traballadores e accionistas se haberán enterado nestos días, do plan deseñado pola cúpula directiva do banco, para externalizar servizos mediante unha reconversión da entidade polo que se pretende desfacerse de 8.000 empregos.
Esto ainda a pesares de gañares 6.000 millones de euros (e co soldo do seu presidente situado en 5.100.000 e 61.000.000 euros do seu plan de pensións) un dos máis altos da banca.
A reconversión do BBVA afectará a todala plantilla en España, coa subcontratación e externalización dalgunhos servizos, a deslocalización do traballo a outros países, sustituindo persoal fixo con convenio de banca por persoal temporal con piores condicións laborais.
Segundo os sindicatos o banco pretende experimentar substituindo aos caixieros por persoal dunha empresa de seguridade.
A "optimización" virá tamén por horarios de atención limitada (o que se fai actualmente para o pagamento dos recibos para no clientes) pero neste caso para todos e todo tipo de operacións, pechando oficinas por horas para a atención da caixa e desviando o servizo a outras, cando non sexa atendido polos empregados da empresa de seguridade.

Prevése logo unha primaveira quente nunha das principais empresas do país, que co proceso de reconversión iniciado, pon na picota os rumores de fai dous anos, pola posible merca do BBVA por un banco norteamericano, daquela, segundo o banco de negocios conocedor de dita operación, había un exceso de plantilla cuantificado en 8.000 traballadores, os mesmos que agora "sobran".

Foto: Chus Pebe (Copyleft)
En Santiago de Compostela, un millar de traballadores concentrados diante de oficina principal do BBVA, rúa da Senra, hoxe 23 de abril 2008 ao mediodía.





0 comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Mondoxíbaro.