[Non entendes unha palabra? Faille dobre clic | ¿No entiendes alguna palabra? Hazle doble clic | Não entendes alguma palavra? Faz-lhe duplo clique]

14/12/03

Imaxes

LONGDESC ou DESCRICIÓN DAS IMAXES

Esta post é onde almacenamos a descricións das imaxes, si chegache aquí por casualidade, procura no arquivo ou no buscador a información que precises.
Este post está en continua revisión por ese motivo.

  • Chuza: Nun recadro de 16x16 cun fondo verde aparecen as letras CH, iniciais do sitio chuza.org de cor branca.
  • Meneame:


Que é o RSS? (Feed, RSS ou XML)

Feed é unha palabra inglesa que significa alimentar; RSS (ou Feed) é un formato especial para os datos en internet que lle permite acceder, de xeito gratuito, a eles sen necesidade de entrar na súa web de orixe.

Varios navegadores de uso libre, gratuíto e multiplataforma (Windows, Linux, Mac...) concordes con estándares web (Firefox, Opera, etc.) integran no seus marcadores este sistema de actualización automática. Tamén se poden baixar da internet lectores de Feed RSS, pequenos programas doados de usar, algúns deles de fonte aberta e uso gratuíto. A través desta aplicación podemos subscribirnos por exemplo á semente RSS de Mondoxíbaro (ou aos comentarios das entradas). Os "lectores" funcionan de xeito moi similar aos programas de correo electrónico, de xeito que periódicamente ou cando nós o decidamos, podemos descargar a última información elaborada por todas e cada unha das webs subscritas.
Tamén pode atopar na rede, sitios web que lle ofrecen esta lectura sen necesidade de instalar ningún lector de fíos RSS.

Velaquí tes un video explicativo subtitulado en varios idiomas, onde gráficamente che resumen que é esto dos RSS, os Feed ou canles de información.


Post TRASLADADO A:

http://sites.google.com/site/mondoxibaro/que-son-as-rss



Video dotSUB



Escolle un navegador que respecte os estándares, Firefox IE Firefox é unha bóa opción.

Perfil de Tecnorati

O xaponés, o inglés e o chino anteceden no seu uso dentro da blogosfera, a lingua de Cervantes.
David Sifry fundador de , o crecemento dos blogs nas últimas datas duplicoúse cada 6 meses, é dicir, cada segundo de promedio é creado un novo blog cada día.


As cifras publicadas por Technorati amosan no mes de marzo do 2006 ao xaponés cun 37%, o inglés co 31%, o chinés cun 15% (quizais polo control de contidos do goberno chino) e ao español cun 3 por cento.
O italiano, ruso, francés e portugués empatan cun 2 % e o alemán co 1 por cento.
O galego non aparece en dita estadística. Para medo-remedialo, dimos de alta o noso perfil en , agora solo falta que nos visites.

Tecnorati é un buscador de blogs por sí non o conocedes, limitando a procura a ese ámbito, baseado na chamada Web 2.0 por indexar contidos en tempo real. Por exemplo hoxe estou escribindo esto e case ao momento -si estivera indexado- e ti quixeras atopar algún contido que che interesara de Mondoxíbaro, non tes máis que pedilo. A diferencia de Google que tarda algunhas semanas en indexarte.

Guía para usar Technorati