Varios navegadores de uso libre, gratuíto e multiplataforma (Windows, Linux, Mac...) concordes con estándares web (Firefox, Opera, etc.) integran no seus marcadores este sistema de actualización automática. Tamén se poden baixar da internet lectores de Feed RSS, pequenos programas doados de usar, algúns deles de fonte aberta e uso gratuíto. A través desta aplicación podemos subscribirnos por exemplo á semente RSS de Mondoxíbaro (ou aos comentarios das entradas). Os "lectores" funcionan de xeito moi similar aos programas de correo electrónico, de xeito que periódicamente ou cando nós o decidamos, podemos descargar a última información elaborada por todas e cada unha das webs subscritas.
Tamén pode atopar na rede, sitios web que lle ofrecen esta lectura sen necesidade de instalar ningún lector de fíos RSS.
Velaquí tes un video explicativo subtitulado en varios idiomas, onde gráficamente che resumen que é esto dos RSS, os Feed ou canles de información.
Post TRASLADADO A:
http://sites.google.com/site/mondoxibaro/que-son-as-rss
Video dotSUB
Escolle un navegador que respecte os estándares, Firefox é unha bóa opción.