Feed é unha palabra inglesa que significa
alimentar;
RSS (ou
Feed) é un formato especial para os datos en internet que lle permite acceder, de xeito gratuito, a eles sen necesidade de entrar na súa web de orixe.
Varios navegadores de uso libre, gratuíto e multiplataforma (Windows, Linux, Mac...) concordes con estándares web (
Firefox,
Opera, etc.) integran no seus marcadores este sistema de actualización automática. Tamén se poden baixar da internet lectores de
Feed RSS, pequenos programas doados de usar, algúns deles de fonte aberta e uso gratuíto. A través desta aplicación

podemos subscribirnos por exemplo á semente
RSS de Mondoxíbaro (ou aos comentarios das entradas). Os "lectores" funcionan de xeito moi similar aos programas de correo electrónico, de xeito que periódicamente ou cando nós o decidamos, podemos descargar a última información elaborada por todas e cada unha das webs subscritas.
Tamén pode atopar na rede, sitios web que lle ofrecen esta lectura sen necesidade de instalar ningún lector de fíos
RSS.
Velaquí tes un video explicativo subtitulado en varios idiomas, onde gráficamente che resumen que é esto dos
RSS, os
Feed ou canles de información.
Post
TRASLADADO A:
http://sites.google.com/site/mondoxibaro/que-son-as-rss
Video dotSUBEscolle un navegador que respecte os estándares,
Firefox é unha bóa opción.